Ana Raquel Álvarez López, “Anita da Pena”, foi a última tecedora que houbo en Vilanova de Oscos.
Hai xa moitos anos que non tece, pero do seu tear sairon magníficas colchas de algodón, de trapos... e outras pezas que marcharon camiño de lugares lonxanos, chegando a súa obra ao Museo de Artes y Tradiciones Populares de Madrid, onde se conserva en moi boas condicións.
Con Anita pasei moitas veladas, nas que me contou cousas interesantes sobre o seu oficio, adiviñas (couselías), lendas, historias..., ou sobre a música e as cancións populares naquelas terras. E foi ela quen me cantou a de “sete cuncas de papas de millo unha vella comeu...”, da que vos teño falado o día que colguei a versión de Radio Cos.
Textos e fotografía de Pablo Quintana