Mirade este video feito por Daniel Almeida un resumen da Noite de San Xóan na Coruña
este artigo de Felipe Senén no diario "La Opinión Coruña "
Herbas e flores pra noite do San Xoán
Na
tradición galega e nas vésperas da que se da en dicir "noitiña meiga do
San Xoán" prepáranse os ramalletes de herbas e flores, os que nesa noite
tan curta poranse a remollo nunha almofía e deixaranse no exterior ó relento. E
non valen calquera, que por iso de non moverse e buscar, xa se poñen xeranios,
caraveis, hortensias ou o que lle cadra a man. Compre saír da urbe ó monte, por
os pes na terra... e velaí a mensaxe. Non se trata para esta noite de
exaltación da natureza domesticada, de plantas e flores de maceta, de
invernadoiro, nin tan sequera do retocado xardín. Trátase das plantas
ceibes,con fondas raiceiras na terra, as que rexeneran a paisaxe, as que cobren
co seu manto verde de esperanza e flores pardiñeiros de abandono, inacabados
intentos de arrogancia, a pesares de tantos pesares.