Iste cantar da vendima éche un cantar vendimeiro, 
iste cantar da vendima trouxérono do Ribeiro 
ailalara, ailalará ...
Vendima, vendimadoira, na vendima do meu pai, 
que o viño vai na cabaza e o pan na cestiña vai, 
ailalara, ailalará ...
Vendima, vendimadoira, na vendima do teu pai, 
heiche de come-las uvas, que outra cousa non cha hai 
ailalara, ailalará ...
Iste cantar da vendima éche un cantar moi meiguiño, 
iste cantar é da terra onde se fai o bo viño 
ailalara, ailalará ...
Andivécheste alabando
que me morría por ti,
que me morro non é certo,
pero que te quero si.
Cortade as uvas, rapaciños,
pra acabar pronto a tarea,
que despois temos a ruada
e queremos ir a ela
Se queres podes escoitar unha versión cantada por " 
Treixadura"